Skip to content Skip to navigation

Historia

x

Mensaxe de erro

The page style have not been saved, because your browser do not accept cookies.

Xa hai referencias da Parroquia alá polo S. XIII, aínda que daquela se nomeaba como Valadares.  O 2 de Febreiro de 1.341 Don Pedro Fernández de Castro ( Pertigueiro Maior da terra de Santiago, Mordomo do Rei e seu Endeantado Maior da Fronteira), oriundo de Vigo funda tres capelanías na Catedral de Santiago, doándolles o seu couto de Valadares e os seus coutos de Teis con todo o señorío, xurisdicción ,casas, casares, herdades, chantados, etc.

No 1.489 Valadares aparece como dependente de Santa Mariña de Vincios, sendo nesta data cando o Bispo Don Pedro Beltrán asinou o título de provisión á presentación do cabildo de Tui.

Valladares é cabeza do Marquesado do mesmo nome, que foi o 4 de abril de 1.673 a favor de Don Luís de Valladares Meira e Sarmiento. A Parroquia como tal, acredítase nos libros parroquiais a partires do 1.687. 

Disfrutou do título de Vila dende 1.687 ata a reforma territorial de 1.837 e foi xurisdicción independente do ano 1.752 ata o 1.825 aproximadamente, pasando posteriormente a integrarse no municipio de Lavadores no que permanecería ata ser absorbida polo de Vigo. 

No Século XVII as mulleres casábanse preferentemente e por esta orde con mozos de Beade, Matamá e de outros sitios entre os que destaca Coruxo. Un dos apelidos mais comúns é Guisande e nome mais frecuente Jacobo. 

Nesta época o coto de Valladares, estaba composto por : Alcabre, Lavadores San Miguel de Oia, Cabral, Matamá, Freixeiro, e ademais Saxamonde, Nespereira, Quintela, Cabeiro e Vilar de Infesta. 

Tradicionalmente Valadares era unha das parroquias nas que había un maior número de carros do país, que se ocupaban de levar o millo, a pedra e outros productos á cidade, aínda que lamentablemente hoxe en día practicamente xa non queda ningunha parella de bois, sendo estes sustituídos por tractores. Tiña feira de gando todos os meses ( non se sabe si no 8 ou no 17 día de cada mes). 

En 1.821 pagaba de tributos 30.715 reais e 13 maravedis.


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014