Skip to content Skip to navigation

Accesibilidade

Conformidade a estándares e accesibilidade desta web

Política de accesibilidade

O Centro Veciñal e Cultural de Valladares procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin e accesibles para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A política de accesibilidade aplicada polo Centro Veciñal e Cultural de Valladares está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Alcance

O alcance desta declaración de conformidade de accesibilidade é o de todas as páxinas do portal web do Centro Veciñal e Cultural de Valladares www.valladares.tv que manteñan a mesma cabeceira e pé de páxina que a portada do portal.

Cumprimento de estándares

As páxinas deste sitio web cumpren a marca AA segundo a Norma Norma UNE 139803:2012 e as Directrices de Accesibilidade para a Contido Web 2.0 do (WCAG 2.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C). Todos os requisitos do Nivel A e do Nivel AA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semi-automático da accesibilidade a través de diferentes ferramentas.

Para a correcta visualización do portal gráfico é necesario poder executar Javascript.

Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Chrome, Opera, Konqueror, Internet Explorer, Safari, etc..., cunha resolución máxima de 1280 píxeles de ancho, aínda que dispón dun diseño adaptable para mellor accesibilidade dende os teléfonos e as tabletas.

Data de última revisión

A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada con data do 31/10/2014.

 

Uso das características de accesibilidade

O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados. Nesta sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido ás facilidades que proporciona cada un deles

Teclas de acceso rápido

O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápido definida realízase pulsando a tecla ALT máis a tecla de acceso rápido:

Neste portal web están dispoñibles as teclas de acceso rápidos:

I - Inicio

O - O CVCV

A - Actividades

S - Servizos

V - Valladares

G - Galería

M - Mapa do sitio

C - Contacto

Tamaño dos textos

As páxinas da web do Centro Veciñal e Cultural de Valladares especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario, e sen crear problemas de visualización.

Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador da seguinte maneira:

O usuario pode ampliar ou reducir o tamaño dos textos con 2 botóns, localizados na parte superior dereita, para aumentar (+A) e disminuilo texto (-A).

  • Microsoft Internet Explorer: A través do menú ”Ver” > ”Tamaño de texto”.

  • Netscape e Firefox: A través do menú ”Ver” > ”Tamaño do texto” ou empregando a combinación de teclas Ctrl "+" ou Ctrl "-", segundo quéirase aumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Pulsando Ctrl= restablece o texto ao tamaño normal.

  • Opera 7 e superior: A través do menú ”Ver” > ”Escala” ou empregando as teclas , - e * segundo quéirase aumentar, diminuír ou restablecer o tamaño do texto.

Alto contraste

Establécese a posibilidade de consultar a web a través dun formato de alto contraste para que poida ser consultada con maior facilidade por persoas con algún tipo de deficiencia visual.

Navegación

Para facilitar a navegación e identificación do portal, todas as páxinas do portal web manteñen compoñentes comúns como a cabeceira e pé de páxina.

A cabeceira contén principalmente:

Un menú principal con...

  • Páxina de inicio.
  • O CVCV
  • Actividades
  • Servizos
  • Valladares
  • Galería
  • Mapa do sitio
  • Contacto

Un espazo de utilidades:

  • Buscador
  • Alto Contraste
  • Botón para aumentar ou disminuir o texto.

 

O pé contén principalmente:

Ligazóns  á páxina de inicio, á "O CVCV", á "Actividades", á "Servizos", á "Valladares", á "Galería", á "Mapa do sitio" e á "Contacto".

Contacto

O Centro Veciñal e Cultural de Valladares, na súa procura de mellorar de xeito continuado a accesibilidade deste portal, convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar ademais de calquera outra suxestión sobre a accesibilidade que estime a través do servizo de atención e contacto.

 


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014