Skip to content Skip to navigation

O CAMIÑO DE SANTIAGO EN VALADARES

               O Centro Veciñal e Cultural de Valladares, preocúpase pola conservación,  realiza e promove  todo tipo de actividades (culturais, sociais, etc.) que difundan o espírito e a razón de ser do Camiño de Santiago.

               Por outra banda é ben sabido que Valadares  pode ser punto de saída dunha etapa  de 100 quilómetros de lonxitude, o que dá dereito a recibir a Compostelana cando se fai o camiño a pé.

               Mais non só isto e salientable, senón que tamén cómpre dicir que pola parroquia pasa un tramo do chamado Camiño Portugués do Norte, que aínda que é pouco coñecido e transitado ten unha longa historia e foi utilizado por ilustres camiñantes dende tempos medievais.

               Para poder dármonos unha pequena idea do seu interese e relevancia,  primeiro achegarase  información recopilada das iniciativas de recuperación do mesmo levadas a cabo pola Asociación  de Amigos de  los Pazos na década dos anos noventa do século pasado.

               Con relación a ese traballo salientar o papel de persoas como Xosé Ramón Seoane no descubrimento do percorrido histórico, agachado entre as matogueiras que abondaban nos camiños e da súa sinalización.

               Tamén bebemos das fontes  que se poden atopar na páxina web creada e administrada por Luis Martínez:  caminador.es

               Máis adiante veremos distintos mapas do percorrido pola parroquia.

               Achégase tamén información sobre distintas iniciativas relacionadas co Camiño que se veñen desenvolvendo dende hai case de trinta anos como foron a peregrinación a Santiago da parroquia no Ano Santo 1993,  a peregrinación do ano 2010, ou a camiñada guiada “Pasiño a Pasiño. Imos facendo o Camiño” do ano 2019.

               Neste mesmo espazo darase cabida a iniciativas como o Camiño a Santiago sen asfalto, ideada e realizada grazas ao traballo  de Campio Salgueiro veciño da parroquia con moitas inquietudes e coñecementos sobre o Camiño e a recuperación do patrimonio rural.

               Por último ofrécense ligazóns a páxinas relacionadas co Camiño que poidan servir para ampliar o tratado nestas páxinas.

 


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014