VALADARES PEREGRINA A SANTIAGO NO ANO 1993
O día 22 de maio de 1993 preto de 1.500 persoas vencelladas á parroquia de Valladares fixeron acto de presencia na Praza do Obradoiro e asistiron á Misa do Peregrino na Catedral en Santiago.
As persoas asistentes utilizaron distintos medios para chegar á capital: a pé, en autobús, nos coches particulares e tamén en bicicleta
Hai que salientar a presenza da Rondalla, da Banda de Música de Valladares, Coro Infantil, Coral Polifónica do CVCV, Balonmán, Fútbol sala, Escola de Fútbol, Teatro e outras moitas que durante toda a xornada ocuparon distintos espazos públicos da cidade e amosaron os seus traballos diante de milleiros de espectadores.