PEREGRINACIÓN NO ANO 2010
Entre os días 9 e 12 de outubro de 2010 houbo unha peregrinación a Santiago organizada dende o CVCV. A participación foi moi numerosa, con persoas de todas as idades que se marcaran o reto de finalizar o Camiño e conseguírono.
Houbo persoas que se desprazaron en autobús o mesmo día 12 para unirse cos peregrinos que foran a pé. Despois asistiron á misa cantada pola Coral Polifónica do CVCV.
Tamén actuaron diversas agrupacións na Praza do Obradoiro: Desfilou a Rondalla, a Unión Musical de Valladares deu un concerto, e As Amieiras e as Cantareiras do Alba, bailaron e cantaron. Para rematar as actividades houbo un xantar multitudinario.