Skip to content Skip to navigation

Papel de Valladares na Reconquista de Vigo

Reprodución do Estandarte dos sublevados de Valladares na Reconquista de Vigo

O 2 de maio de 1.808 os habitantes de Madrid levantáronse en armas contra os colonizadores franceses, estendéndose esta revolta por toda España.

Vigo estaba guarnecida polo batallón da milicia provincial de Ourense, mandado polo brigadier Marqués de Valladares que se sumou a sublevación, pero pronto foi restablecida a orde polos franceses. 

Ante esta situación, urdiuse unha conspiración na que participaron os xuíces de Bouzas e Fragoso, o abade de Valladares (D. Juan Rosendo Arias Enríquez), o alcalde de Fragoso (D. Cayetano de Limia), un particular chamado D. Joaquín Tenreiro Montenegro, o alcalde de Couto (D. Mauricio Troncoso), o alcalde de Tui (D.Cosme Seoane) e o xuíz de Cotobade (D. Manuel Cordido); estes personaxes encargáronse de soliviantar e organizar ós paisanos que hostigaban ós franceses sen piedade (sobre todo os veciños do Fragoso). 

Unha vez levantados en armas escolleron como xefe da "alarma do Fragoso" ó abade de Valladares, e por segundo ó predicador Villagelín, decidindo sitiar a cidade de Vigo.

Rendéndose os franceses no ano 1809, e sendo esta a primeira praza de España reconquistada, polo que se lle otorga á cidade o título de leal e valerosa .


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014