Skip to content Skip to navigation

O Tercio de Valladares

Foi fundado ó 12 de Xullo de 1.643 por D.Fernando de Valladares e Sarmiento, que era Tenente Mestre de Campo cando obtivo o Real Despacho para formar este Tercio, que estaba integrado por 1.000 homes divididos en 11 compañías, a maioría procedentes da guarnición de Vigo que mandaba el, e formado exclusivamente con xente de Vigo e comarca.

Este Tercio co escudo de armas do seu fundador, destacou nas guerras de Portugal e Flandes.

 - O 7 de Febreiro de 1659 toma Monzón, o 9 de Febreiro Ponte Real e o 16 de FebreiroSalvaterra.

- O 20 de Agosto de 1661 cando está a punto de tomar Valença, España recoñece a independencia do reino portugués.

 - 22 de Agosto de 1664 en Monterrey loitando contra os portugueses sen contar co máis mínimo apoio quedaron cercados polo enimigo e 200 dos seus homes foron acoitelados.

- O 16 de de Maio de 1668 embarcaron a Ostende para participar na guerra de Flandes.

 En Setembro de 1674 pasa a ocupalo mando do tercio o Mestre de Campo Marqués de Bedmar.

  No verán de 1669 pasa a ocupalo mando o Marqués de Villadarias sufrindo grandes perdidas a mans do exército francés comandado polo Duque de Luxemburgo na batalla do río Cambre, o 1 de Xullo de 1670.

O 20 de Maio de 1684 o Tercio de Valladares é cercado en Brujas polo exército francés capitaneado polo mesmísimo Luís XIV.

O 8 de Abril de 1691 ten que capitular cando defendía a praza de Charleroi e tamén o 25 de Novembro defendendo Mons a mans de Luís XIV.

 O 30 de Xuño de 1.692 despois de resistilo asedio dos soldados franceses durante 3 meses teñen que rendila praza de Namours ca condición de que non volvan a empuñalas armas nesa campaña.

O día 14 de agosto de 1696 os 1.500 homes do Tercio de Valladares toman a cidade de Namur e a cidadela, feito que foi decisivo para a sinatura da paz de Reywiek.

En 1.702 é destinado ó exército de Baixo Rhin participando na campaña do Palatinado.

O 10 de febreiro de 1.710 volta a Vigo despois de 42 anos de gloriosa actividade nos campos de batalla europeos, ó mando do Mestre de Campaña, Príncipe Ligny.

En 1.714 pasa o sitio de Barcelona e incorporándose ó exercito do Duque Bermick, pero xa sen estar formado por soldados vigueses ou galegos.

Desapareceu en 1.715 coa reforma da Infantería . 


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014