Skip to content Skip to navigation

OUTRAS INICIATIVAS. CAMIÑO DE SANTIAGO SEN ASFALTO

Trátase dun trazado de 175 quilómetros dos cales só aproximadamente 15 transcorren por vias asfaltadas. Campio Salgueiro, o seu deseñador  e impulsor afirma que é un camiño alternativo  ao portugués e vén dende a desembocadura do Miño en a Guarda, discorre pola Serra da Groba, atravesando os municipios de Oia e Baiona. Da  Groba cruza á Serra do Galiñeiro, o alto de Puxeiros, Os Valos e Soutomaior, atravesanto unhas paisaxes de grande beleza paisaxística e sempre sobre terrra.

               Utilizou documentos do Padre Sarmiento, antiga cartografía militar, o voo americano encargado por Franco durante a Guerra Civil  ou as rutas do contrabando de azucre para crear esta ruta de peregrinación, especialmente indicada para percorrer a cabalo, aínda que tamén pode facerse a pé ou en bicicleta de montaña.


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014