O Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valladares conta nestes momentos cun Grupo de Baile Moderno que comezou a súa actividade no ano 1.999, a raíz dun curso de iniciación á Danza que durou tres meses. Comezaron con sete alumnos/as, pero pouco a pouco tivo unha boa acollida e aqueles tres meses prolongáronse ate hoxe.
A Danza Moderna componse de distintos bailes e coreografías, nos que se combinan distintos estilos: danza clásica; danza contemporánea; hip-hop; bailes latinos; funky; etc.
O grupo está bautizado co nome de “As Sereas”, elexido polas mesmas alumnas. Dirixido ata o ano 2015 pola mestra Lorena Valencia Miguez, actualmente está dirixido por Ana Paula Guiadanes Vega.
Este grupo xa ten no seu haber algunhas actuacións, como:
Están abertas á posibilidade de actuar noutros centros e calquera tipo de intercambios. O repertorio do que dispoñen nestes momentos é dunha duración que vai da media hora ata unha hora.
Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014