Skip to content Skip to navigation

As Sereas

O Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valladares conta nestes momentos cun Grupo de Baile Moderno que comezou a súa actividade no ano 1.999, a raíz dun curso de iniciación á Danza que durou tres meses. Comezaron con sete alumnos/as, pero pouco a pouco tivo unha boa acollida e aqueles tres meses prolongáronse ate hoxe.

            A Danza Moderna componse de distintos bailes e coreografías, nos que se combinan distintos estilos: danza clásica; danza contemporánea; hip-hop; bailes latinos; funky; etc.

            O grupo está bautizado co nome de “As Sereas”, elexido polas mesmas alumnas. Dirixido ata o ano 2015 pola mestra Lorena Valencia Miguez, actualmente está dirixido por Ana Paula Guiadanes Vega.

            Este grupo xa ten no seu haber algunhas actuacións, como:

  1. No Auditorio do Teatro Caixanova, actualmente teatro AFUNDACIÓN.
  2. En diversos Centros Culturáis e Asociacións de Vigo: Auditorio de Beade; Centro Cultural de Matamá; Asociación de Veciños de Cabral
  3. No Parque de Castrelos, con motivo da celebración da exposición das Asociacións Veciñais.
  4. No Monte dos Pozos, con motivo da Festa do Socio/a do C.V.C.V.
  5. No Auditorio Mar de Vigo.
  6. E... por suposto, no Auditorio do C.V.C. de Valladares

Están abertas á posibilidade de actuar noutros centros e calquera tipo de intercambios. O repertorio do que dispoñen nestes momentos é dunha duración que vai da media hora ata unha hora.


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014