Skip to content Skip to navigation

Fútbol Sala Sénior

Os equipos de fútbol Sala fundáronse en 1979 polo socio Agustín Fernández,  e correndo os gastos por conta do C.C.A.R. Nun primeiro momento existiron tres equipos: o “A” e o “B” foron inscritos na Federación Galega de Fútbol Sala, mentres que o terceiro foi concibido para participar en torneos de sociedades e, tivo só tres anos de existencia. Na actualidade, ademais destes dous equipos hai outros que manteñen tamén unha boa relación co C.V.C.V. e, se traballa na extensión deste deporte a tódalas categorías. Aínda que cada equipo ten o seu delegado/a, existe unha coordinadora de todos eles.

 


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014