Skip to content Skip to navigation

TEODORO PIÑEIRO ALONSO

Teodoro Piñeiro Alonso colleu o cargo de Director do CCAR o día tres de marzo de 1985, estando de seguido ata o día 20-01-1989 tendo como subdirector a Rodrigo Alonso González, como secretario a Julián Comesaña Cabezas, Vicesecretaria Salomé Davila Abalde e tesoureiro a Antonio Correa Gato, na súa primeira etapa, pasando despois a desempeñar o cargo de Vicepresidente Enrique Comesaña Davila e David Comesaña Vila, Secretario Roberto Fernández Santos e Vicesecretaria Raquel Pérez Costas e Susana Bª. Otero Vila, Tesoureiros Óscar Piñeiro Alonso, Antonio Correa Gato e Animador Cultural Raul Alonso Rodríguez. Con Teodoro de Director si nas anteriores directivas as Comisións eran o eixo de traballo, aparece un novo concepto “organigrama”, exportable a outras directivas do entorno interesadas neste xeito de funcionar, e así aparecen os responsables de Economía de Organización Administrativa, de Facenda de Patrimonio de Cultura Educación e Xuventude de Benestar Social de Deportes de Obras, Servizos e Recursos Naturais, de Relacións Públicas. Ademais dos citados convén subliñar a Manuel Comesaña Costas, Carlos Martínez González, Carlos Alonso Piñeiro, Carlos Comesaña Vila, Manuel Dasilva Díaz, Fernando Liboreiro Carbó, Olga Guerrero Otero, María Alonso Salgueiro, Lucía Salgueiro Pérez, Antero Piñeiro Prado, Marcelino Barreiro Fernández, Eladio Guisande Alonso, Emilia Alonso Costas (madriña), Manuel Costas Piñeiro, Jorge González Fernández, Agustín Fernández Fernández, Carlos Figueroa Costas, José Carlos Freiría Maceira, Juan M. Ferreira Estévez, Roberto Figueiras Fernández, Adriano Alonso González, Antonio Comesaña Nores, Juan M. Davila Davila, Antero Rodríguez Davila, Luís Guisande Salgueiro, Javier Román Costas, Guillermo González Alonso e Álvaro Costas Carbó.

Antes de ocupar o cargo de Director xa tiña desempeñado unha serie de importantes tarefas no Teleclube. Dende 1971 formou parte da primeira Xunta Directiva, primeiro como vogal, como secretario e, como animador cultural a continuación. Neste último cargo o centro acadou o premio de Mellor Animador Cultural a nivel nacional en febreiro do ano 1978 (que non foi o único, xa que a nivel provincial e rexional, acadaron outros en novembro do mesmo ano e, en novembro de 1982).

En 1979, a raíz das primeiras eleccións democráticas nos concellos, entrou a formar parte das listas pola coalición Unidade Galega, representando ao P.S.G. Saíu como concelleiro de Vigo. Foi neste momento cando houbo de deixar o seu cargo de animador cultural. Neste período en que estivo como concelleiro ata o ano 1983, deuse o deslinde dos montes veciñais e cedéronse parte dos dereitos sobre os montes a propia parroquia.

Nesta etapa céntranse fundamentalmente no tema cultural, dado que no eido veciñal viña funcionando a Xunta Parroquial que se encargou de tódolos aspectos relacionados cos asuntos veciñais de tipo infraestructuras (camiños, lixo, augas, saneamento, etc.). Tiveron o propósito de promover un mínimo de tres a cinco actos culturais ao mes e potenciar a Unión Musical, que acababa de entrar no Centro Cultural e tiña falta de determinados medios.

No ano 1989, naceu unha nova actividade no Centro, o grupo de pandereteiras “Cantarela”, co obxectivo de recuperar os cantos populares e a técnica de toca-la pandeireta, pandeiro, cunchas e outros instrumentos que acompañan estes cantos. Estivo dirixido por tres mestres. Conta cun repertorio formado por cantos recollidos directamente nos pobos e vilas de Galiza (As Neves, Avión, Zobra, Carballo, Salvaterra de Miño, etc.).

Durante este mandato colleu novamente forza a agrupación de rapaces Xuntanza Xuvenil, liderados por Isidro Costas Piñeiro, e coa participación de Carlos Alonso Piñeiro, Emilio, Ramiro... Para varios deles, foi o primeiro contacto coa vida veciñal. Aínda que o traballo que se fixo non foi demasiado, o importante é que aprenderon dos maiores. En ocasións, con moi pouco presuposto organizaron todo tipo de actividades. Foron eles os que sacaron o Entroido ás rúas e, foron a Vigo, ás salas de festas... Tratouse ademais dun grupo moi concienciado coa natureza e coa recuperación das tradicións da parroquia.

 

Nesta etapa foi cando naceu a revista O ADRO.

 

Nesta etapa acadou o Centro Cultura A. R.  de Valladares, no ano 1988, o PREMIO RECONQUISTA outorgado polo Concello de Vigo co gallo da FESTA DA RECONQUISTA DE VIGO. Premio que daquela se lle concedía á ENTIDADE que máis salientara en Vigo no ameto da Cultura, da Actividade Social, Empresarial, etc.

Nos anos 82/83/84 con Ignacio Costas desaparece Xuntanza Xuvenil.

Sendo Doro Director do CCAR e Delio Presidente do Clube Deportivo Valladares, póñense as bases da Escola de Fútbol en canto a convenios, filiacións, cesións, etc.,, Escola que se crea e pasa a depender do CCAR, no ano 1982 con Ignacio de Director.

Se a figura de Doro é grande como directivo, se agranda máis como autor teatral nos diversos foros da farándula, Mostras de Teatro de Ribadavia, Vigo, etc. Calquera libro de texto que collamos referente a autores teatrais galegos alí figurará o seu nome. Na actualidade desempeña a cargo de Presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común.


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014