Skip to content Skip to navigation

Historial de Teatro Escoitade

 

50 ANOS DE TEATRO

"UN HOTEL DE PRIMEIRA SOBRE O RÍO"

 

Xohana Torres deixounos nesta obra un abano de perfiles que nos permite cualificar o texto tanto como unha comedia, unha farsa, unha traxicomedia ou unha traxedia; ou un todo ao mesmo tempo. A autora pretende afondar no espectador sentimentos ou vivencias posiblemente próximas a cada quen, segundo vai sucedendo no decorrer do relato.

O texto está adaptado en CATRO CADROS por Doro Piñeiro, para Teatro ESCOITADE. Nel son constantes as referencias ás múltiples relacións persoais que nos atopamos acotío ao longo da vida, como tamén o son ás luces e sombras que debuxa a condición humana e que en moitas ocasións, tal condición, remata por saírse do que se considera a estabilidade emocional da persoa, do individuo. Tal así é a defensa "do noso, dos nosos e do máis próximo", a presión especulativa, a corrupción política, o desinterese social e a superstición que levamos no ADN, como xeito de saída a toda unha carencia cultural de sociedades xa caducas, e non tanto.

En definitiva Teatro ESCOITADE fai unha aposta nesta montaxe por un traballo dramático, exposto por cada actriz e por cada actor, que se aproxima, ao noso entender, aos retos que a autora nos deixou en cada acción, en cada escena e en cada cadro.

UN HOTEL DE PRIMEIRA SOBRE O RÍO é un relato, é unha historia de amor á natureza, é unha loa a impotencia e, finalmente, é un xeito de vida con data de caducidade.

Doro Piñeiro.

"PEER GYNT (SUITE PRIMEIRA)

Logo dun intenso traballo na adaptación da montaxe do ano 2016 para podermos achegala a todos os lugares onde nos chamen, imos  ofertar a Suite Primeira de Peer Gynt.

Un formato máis contido, pero un traballo teatral igualmente intenso e complexo. Sesenta minutos de emocións, risas, bailes, conversas con xenio e por último, de choros.

SIPNOSE ARGUMENTAL (suite primeira)

Esta obra é un dos grandes exemplos que nos deu a historia da música incidental. En 1867 Henrik Ibsen rematou o seu novo drama "Peer Gynt". Unha obra totalmente nova no seu repertorio, xa que evocaba mundos fantásticos propios do folclore nórdico. A obra orixinal fora escrita en verso e concibida so para ser lida e non representada, debido ás grandes dificultades que supoñía os necesarios cambios de escenas. Pero Ibsen foi convencido de que, cun bo apoio musical que amenizara os cambios de escenas, o público soportaría mellor as pausas e o desenvolvemento da representación sería máis fluído. É desta forma como se produce a unión de Ibsen co gran compositor nórdico Edvard Grieg. O 24 de febreiro de 1876 o drama é interpretado por primeira vez coa música de Grieg, sendo todo un gran éxito.

Peer Gynt é un nórdico aldeán, mullereiro e aloucado, cuxa ambición na vida é ser rico e poderoso. Na voda da que fora a súa primeira noiva queda prendido dunha fermosa moza chamada Solveig, pero esta de principio rexéitao; entón decide impedir tal voda, á que non fora convidado, fuxindo coa noiva ás montañas e, logo de aproveitarse dela, abandónaa e fuxe.  A noiva, Ingrid,  volve ao pobo acusando a Peer Gynt de rapto e violación.

Peer Gynt abandona o fogar temeroso de ser preso e agóchase nas montañas, onde se topa coa filla do Rei Dovre, a quén seduce e déixaa preñada. Fuxe de novo daquel inferno para verse con Solveig, quen lle conta o que acontece na contorna da súa casa e a mala saúde da súa nai que falece cando a vai visitar. Peer Gynt sente a traxedia e decide abandonar o seu país na busca da fortuna que sempre soñou.

 

"PEER GYNT"

 

 

Estreada o día 4 de xuño de 2016 ás 21.00 horas no Auditorio do CVC de Valladares

Bótalle un ollo ao díptico e terás máis información


FOTOGRAFÍAS DO ESPECTÁCULO

 
 
 

ACTUACIÓN NO XIII FESTIVAL AGUSTÍN MAGÁN

O luns, día 8 de decembro de 2014 ás 19.00 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela

 MONTAXE EN CARTEL
Exposición de catro mementos
Pica aquí para ver o díptico

Sofí e Groucho

Sofí e Groucho

Sofí e Lucas

Lucas, Sofí e Groucho

Ramona e Adela

Adela, Nalda e Ramona

Inicio da cuarta parte

Tensia e Mingos

Saúdo final co técnico, Dani e co director, Doro Piñeiro

 

"A FATÍDICA FESTA DO ANO DA SERPE"

Fotografía de portada de A Fatídica Festa do Ano da Serpe
O domingo 21 de outubro de 2012,ás 20.30 horas, estreouse no Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares a nova montaxe de Teatro Escoitade.

Pica neste enlace para ver o  díptico da montaxe


FOTOGRAFÍAS DE ANTERIORES MONTAXES

"Longa vida a Martiño de Güímil" (2009)  e "Cousiña, o gato que tornou ao país de seu"(2010)

 


HISTORIAL

Nace o Grupo de Teatro "ESCOITADE", en marzo de 1972 e preséntase ao público en maio  do ano 1.973 no seo do Teleclub C.C.A.R. de Valladares (Vigo).
O Grupo estaba formado por xente, a maioría dela traballadora, que empezou cuns coñecementos tanto teatrais coma culturais, moi baixos e que pouco a pouco fóronse erguendo a base dun sacrificio constante.
A lectura, os ensaios de todo tipo, as representacións feitas e olladas a outros grupos, as mostras, etc..., etc... foron moldeando positivamente o grado de concienciación do grupo ata acadar un nivel salientable.
No ano 1982, o grupo de Teatro "ESCOITADE", ademais da montaxe teatral que ven realizando cada ano, adicouse á produción e realización de curtametraxes en S/8. A primeira curta foi iniciativa de Tonio Caeiro, que no ano 1982, prepara o guión e dirixe "Manoeliño". A segunda curta é unha historia escrita e dirixida por Doro Piñeiro, que no verán de 1983, rodaba "Livia".

O grupo é membro fundador da FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado)


ESTREA DE ANTÍGONA,1993

Estrea de "Antígona"(1993)

OBRAS MONTADAS

1973.- "HOY ES FIESTA", de Buero Vallejo, e "ESTEBIÑO" de Xavier Prado Lameiro.
1974.- "A TIA LAMBIDA" e "O CANTAR DOS CANTARES" de Eduardo Blanco Amor.
1975.- "EDIPO", de Sófocles.
1976.- "HISTORIA DE UNHA RECONQUISTA CONTADA A MIÑA MANEIRA" de Teodoro Piñeiro.
1977.- "AS PORTAS PECHADAS", de Fernando Dicenta.
1978.- "O CABODANO", de Euloxio Ruibal.
1979.- "O DERRADEIRO XUICIO", de Teodoro Piñeiro.
1979.- En Setembro deste ano unificación dos grupos "XIADA" e "ESCOITADE" dando lugar a un novo grupo denominado "ESPANTALLO".
1980.- "A CASA DE BERNARDA ALBA" de Federico Garcia Lorca.
A unificación sufre un duro golpe, voltando os grupos a traballar por separado.

1981.-"A BRUXA FIDALGA NA HORTA DO LAGAR", de Teodoro Piñeiro
1981.- "QUEDA TERMINANTEMENTE PROHIBIDO O SUICIDIO", de Teodoro Piñeiro.
1982.- "CARLOS GARDEL, ESE HOMBRE", Colectivo do propio grupo e "TEATRO NA RUA", Colectivo do propio grupo.
1983.- "NEMIGOS", de Xosé de Xesús Martínez e "3, 2, 1 TODO PARA UN", de Teodoro Piñeiro.
1984.- "MANOLIÑO", película en 8 mm. de Tonio Caeiro.
1985.- "O MIRAGRE DO TORREIRO DE QUINTIÁN", de Doro Piñeiro.
1986.- "UN HOME UN POBO", baseada na obra de Ibsen, "Un Enemigo del pueblo", traducción e adaptación de Doro Piñeiro.
1987.- "O CEGO DE FORNELOS" E "O HOME QUE SE CONVERTEU EN CAN", adaptación de Raúl Alonso.
1988.- "O COBIZOSO", baseada no "Avaro", de Moliere. Traducción e adaptación de Doro Piñeiro.
1990.- "UN REFAIXO PARA CELESTINA", de Eduardo Blanco Amor.
1991.- "O AUTOBUS", Colectivo do propio grupo.
1992.- "CUMPLEAÑOS FELIZ", Colectivo do propio grupo e "O VELORIO" de Francisco Taxes, adaptada por Raúl Alonso.
1993.- XULLO, "PROGRAMA 2000, NON MAIS FUMOS", Colectivo do propio grupo .
1993.- AGOSTO, "ANTÍGONA" de Sófocles. Adaptación de Raúl Alonso.
1994.- AGOSTO, "A INAUGURACIÓN". Colectivo.
1995.- AGOSTO, "OPERACIÓN NECORA". Colectivo.
1996.- XANEIRO, "OS PEIXES VERMELLOS". Jean Anouilh. Tradución e adaptación de Manuel Dasilva.
1996.- AGOSTO, "O DERRADEIRO COMBATE".Colectivo.
1997.-" ROMANCE DE MICOMICÓN E ADHELALA"de Blanco Amor e adaptación de Manuel Dasilva
1998.- ESTREA "A COMEDIA DO EMPREGO", dirixida por Manuel Dasilva
1999.- AGOSTO, "O GRANDE CIRCO DO MUNDO", Colectivo.
2000.- AGOSTO, "50 X 15" , Colectivo.
2001.- AGOSTO, "ENTREGA DOS PREMIOS PATADÓN DE OURO", Colectivo.
2002.- MARZO, "A QUEIMA DA BRUXA", Manuel Dasilva e Raúl Alonso
2002.- AGOSTO, "DILUVIO DE ESTRELAS", Colectivo.
2003.- MARZO, "A VODA DO CONDE", Colectivo.
2004.- MARZO, "A POXA" , Colectivo.
2004.- AGOSTO, "NO-DO", Colectivo.
2005.- AGOSTO, "2,005 OLIMPIADAS NO MONTE DOS POZOS", Manuel Dasilva
2006.- AGOSTO, "O DÍA INTERNACIONAL DA PAZ", Manuel Dasilva
2007.- AGOSTO, "AVANCE TELEXORNAL TARDE", Manuel Dasilva
2008.- AGOSTO, "CRISE? QUE CRISE?, Manuel Dasilva
2009.- AGOSTO, "CUMIO,JE,JE-8", Raúl Alonso, Manuel Dasilva
2009.-OUTUBRO, "LONGA VIDA A MARTIÑO DE GÜIMIL", Doro Piñeiro
2010.-AGOSTO, "A TAZA DO MUNDO" Raúl Alonso, Manuel Dasilva
2010.-DECEMBRO,"COUSIÑA, O GATO QUE TORNOU AO PAÍS DE SEU", Doro Piñeiro
2011.-AGOSTO, "O MIRAGRE DO CÓDEX CALIXTINUS NO MONTE DOS POZOS", Raúl Alonso
2012.-AGOSTO, "TEATRO ESCOITADE.40 ANIVERSARIO: O MUSICAL", Raúl Alonso, Manuel Dasilva
2012.-SETEMBRO, "O HOME QUE SE CONVERTEU EN CAN" E "ESTEBIÑO", Oswlado Dragún e Xavier Prado Lameiro
2012.-OUTUBRO, "A FATÍDICA FESTA DO ANO DA SERPE" Doro Piñeiro
2013.- AGOSTO, "O CIRCO DA CRISE", Manuel Dasilva, Raúl Alonso

2014.-AGOSTO,"CONTRA A GUERRA", Manuel Dasilva

2014.-NOVEMBRO, "EXPOSICIÓN DE CATRO MEMENTOS", Doro Piñeiro

2015.- AGOSTO, "GRAN HOTEL A. CUNQUEIRO", Manuel Dasilva

2016.- XUÑO, "PEER GYNT", Henrik Ibsen/Edvard Grieg (Adaptación Teatral Doro Piñeiro/Dirección Musical Xosé Iglesias Ramilo)

2016.- AGOSTO, "OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE", Castelao

2017.- AGOSTO, "A CAPOEIRA", CARLOS CASARES (Adaptación Doro Piñeiro)

2017.- OUTUBRO, "PEER GYNT" (SUITE PRIMEIRA) Henrik Ibsen/Edvard Grieg (Adaptación Teatral Doro Piñeiro)

2018.- XUÑO, "UN HOTEL DE PRIMEIRA SOBRE O RÍO" Xoana Torres. (Adaptación Doro Piñeiro)

2018.- AGOSTO, "Lumes non!" Colectivo

2019.-XUÑO, "ANCORADOS  A GUSTAVO PERNAS" (Raúl Alonso)

2019.- AGOSTO, "SUPERPRESIDENTAS 2024" (Colectivo)

2021.- SETEMBRO, "DOMINÓ CELESTE OU QUE VAI SER DE TI ERNESTO!" (Doro Piñeiro) 

 


COMPOÑENTES

RAÚL ALONSO

ROSARIO ALONSO

MERI COMESAÑA

MANUEL DASILVA

EUGENIA GARCÍA

Mª JOSÉ IGLESIAS

ISIDRO PIÑEIRO

ANDRÉS ACEVEDO

TEODORO PIÑEIRO


REPRESENTACIÓNS MÁIS IMPORTANTES

 

O COBIZOSO,1988
ANTÍGONA, 1993

"O cobizoso" (1988) e  "Antígona" (1993)

- Dende o ano 1974, representamos nas 1ª, 2ª e 3ª, Mostras de Teatro de Vigo, e nas 2ª, 3ª, 4ª e 5ª, Mostras de Ribadavia.
- Mostra paralela da Coruña no ano 1974.
- Mostra de Teatro nos barrios da Coruña en novembro de 1.976, organizada polas Asociacións de Veciños.
- En Abril do ano 1.977 en Lugo, no ciclo de Teatro organizado pola Sociedade Albertal.
- En 1978, actuación no Colexio universitario de Vigo e na aula de Cultura da Universidade de Santiago.
- En 1988, actuación na mostra Acenos no auditorio do Concello de Vigo.
- En 1990, actuación no auditorio do Concello de Vigo e no auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas.
- En 1991, actuación no auditorio do cine Campos de Lalín.
- En 1993, actuación no Colexio Lasalle de Santiago.
- En 1997, actuación en A Fonsagrada (LUGO) en convenio co IGAEM.
- En 2002, actuación na Festa da Arribada de Baiona.
- En 2003, actuación na Festa da Arribada de Baiona.

A VODA DO CONDE1
 

- En 2004, actuación na Festa da Arribada de Baiona.


"Longa vida a Martiño de Güímil" No Teatro Principal de Santiago

O grupo logo da repesentación de "Exposición de catro mementos" no

Teatro Principal de Santiago o 8 de decembro de 2014

-En 2009, actuación no VIII Festival de Teatro Afeccionado "Agustín Magán" (Teatro Principal-Santiago)

-En 2009, representación no IX Certame de Teatro Afeccionado "Enxebre" (O Grove-Pontevedra)

-Marzo 2010, representación na VII Edición de TEATROFILÍA (Vedra-A Coruña)

-2010, Circuíto "Vigo a Escena" do Concello de Vigo.

-2010, Semana de Teatro Afeccionado do Concello de Vigo

-2011, Ciclo de Teatro Afeccionado da Deputación de Pontevedra 

-2011, Ciclos da Federación Galega de Teatro Afeccionado

-2012, Fegatea Móvete no Auditorio Gustavo Freire de Lugo

-2012, Fegatea Móvete no Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras

-2013, Fegatea Móvete en Barbadás (Ourense)

-2013, Circuíto Galego de Teatro Amador: Arteixo e O Carballiño

-2013, Actuación en Sao Pedro da Cova-Gondomar (Portugal)

-2013, Teatro Principal de Pontevedra

-2014, Circuíto Galego de Teatro Amador: Arteixo e Antas de Ulla

-2014, XIII Festival de Teatro Afeccionado "Agustín Magán" (Teatro Principal- Santiago)

-2015, Actuación na Sala Agustín Magán do CSCR Santa Marta de Santiago. (FEGATEATRO)

-2016, Actuación no Centro Cultural de Santa Cruz da Graciosa. Illa Graciosa-Azores (Portugal) por intercambio co grupo "A Semente".

-2016, Actuación no XV Festival de Teatro Amador "Agustín Magán"

-2017, Actuación no XVI Festival de Teatro Amador "Agustín Magán", con Peer Gynt (Suite Primeira)

-2019, Actuación no XVIII Festival de Teatro Amador "Agustín Magán" coa Terceira Parte de "Un hotel de primeira sobre o río

-2021, Actuación no XX Festival de Teatro Amador Agustín Magán con Dominó Celeste ou que vai ser de ti Ernesto!"

ROMANCE DE..., 1997
- Actuando ata o día de hoxe, na maioría dos vilas e aldeas da provincia de Pontevedra.
- Todas as estreas, fixéronse no auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares (C.V.C.V.).

Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014