O grupo folklórico COROS E DANZAS, nace da escola, que no seu día (13 de marzo de 1.982) se fixo no Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valladares, con motivo de enriquecer o noso folclore popular baixo a dirección de Josefina Cabadas Costas, facendo a súa presentación ao público un ano máis tarde, no propio Centro Cultural
Os seus compoñentes son mozos (homes e mulleres) que estudan ou traballan, e adican o seu tempo libre a desenvolver esta fermosa actividade.
Dende a data de presentación, o grupo comeza a ter moitas saídas por distintos barrios, vilas e cidades importantes da nosa comunidade autónoma.
Tamén tiveron importantes actuacións fora de Galicia: Badajoz (Extremadura), Torrelavega (Santander), Zamora, Sevilla, Asturias, Segovia, Palencia e diversas vilas e cidades do noso país veciño, Portugal.
No 1991 o grupo cambia de nome e pasa a chamarse GRUPO FOLCLÓRICO LEDICIAS do Centro Veciñal e Cultural de Valladares.
O programa abarca todos os estilos de danza de baile populares do folclore galego, tratando de recoller e investigar os máis tradicionais neste campo. Desta forma o grupo intenta dar unha visión xeral do auténtico folclore nacido nas máis fondas raices do pobo, procurando gardar a máxima pureza melódica, sen perder a orixinalidade propia que nos caracteriza.
O noso repertorio abrangue: muiñeiras, xotas, polka, pandeiretada, fandango.
Algúns destes bailes son acompañados polas estupendas voces dalgunhas compoñentes do grupo de baile.
Dende hai tempo conta tamén cunha ampla sección infantil
Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014