Skip to content Skip to navigation

Grupo Aturuxo

 


O grupo de gaitas “Aturuxo”, do C.C.A.R. Valladares, xorde no seo da escola de gaitas creada no ano 1980  e era dirixida D. Nazario González Iglesias, máis coñecido como mestre “Moxenas”, sendo ademais a súa primeira escola e alumnos que formaba.

Este primeiro grupo fará a súa presentación pública o día 27 de xuño do ano 1982 e a partir dese momento tamén acompañará o grupo de baile "Ledicias", levan polo tanto máis de 40 anos en activo.

Os seus compoñentes son xente xove e maior que dedican parte do seu tempo de ocio a esta actividade.

No ano 1995, o grupo sofre a perda do inesquecible mestre Moxenas, pasando a facerse cargo da escola e máis do grupo de gaitas D. Xosé Oliveira (membro do grupo NOITAREGA) pupilo do primeiro.

No ano 1996 decídese formar - paralelamente á escola de gaitas- unha escola de percusión e esta é dirixida por D. Xosé Cristovo Pascual Pérez (membro do grupo ARDENTÍA), tomando o relevo no ano 2008 Iván Blanco (Integrante do grupo Pelepau e dos gaiteiros "O Fiadeiro")

O grupo de gaitas “Aturuxo”, dende a súa formación, fixo actuacións en Vigo (centros culturais, festas, romarías, festivais folclóricos, etc.), así como numerosos trocos culturais con grupos de Extremadura, Santander, Zamora e Portugal. Tanto o grupo de gaitas “Aturuxo” como o grupo de baile “Ledicias”, forman parte do irmanamento cultural feito entre o C.C.A.R. de Valladares e as agrupacións culturais de todos os Valadares de Portugal.

O repetorio musical do grupo baséase principalmente no cancioneiro popular galego, aínda que tamén nas músicas de compositores contenporáneos especialmente nas pezas compostas polo mestre Moxenas, que dirixiu esta escola ata o seu pasamento.

 


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014