Skip to content Skip to navigation

Resumo da temporada 2015-2016 da Escola Base

Resumo da temporada 2015-2016 da Escola Base

 

PREBENXAMINS ‘B’: Nesta temporada os mais cativos do fútbol sala estiveron adestrados por Diego. Empezan a dar os seus primeiros pasos no fútbol sala e seguro que dentro duns anos nos darán moitas alegrías.

 

PREBENXAMINS ‘A’: Son un grupo tan numeroso que Miguel e Carlos (seus adestradores), ca temporada rematada, inda están pensando combinacións de rapaces para que xoguen todos. Nesta último ano sendo prebenxamíns demostraron toda a súa valía acadando un meritorio 4º posto, logrado grazas á ilusión e as ganas con que estes nenos van a adestrar e a xogar os partidos.

 

BENXAMINS: Adestrados polo tandem de Rique´s este ano conseguiron o 4º posto da clasificación en liga e ademais fixeron un gran papel en copa sendo 2º de grupo.

 

ALEVIN MASCULINO: David foi capaz de ilusionar a este grupo de rapaces, que ainda sendo moi poucos e ter que ser axudados polos benxamins nalgúns partidos, puseron todo o que tiñan para seguir mellorando.

 

ALEVIN FEMENINO: Espectacular temporada das nosas xogadoras mais novas que  este ano foron adestradas por Araceli. Aínda que case todas eran benxamíns, deron a talla nesta categoría acabando entre os tres mellores equipos de Vigo, facendo un xogo en equipo incrible para a súa idade. Temos unha moi boa canteira con este equipo, ao que esperemos que se incorporen novas nenas para facernos gozar como este ano nas mañás dos sábados.

 

INFANTIL MASCULINO: Volveron os infantís, esta vez adestrados por Miguel Puime, e non o fixeron nada mal, xa que sendo case todos de primeiro ano, grazas ao seu manexo do balón e a súa capacidade goleadora acabaron 5º na clasificación.

 

INFANTIL FEMENINO: Moi boa temporada das nosas infantís nas que se empeza a notar que xa levan uns aniños xogando. De novo adestradas por Toni, co seu novo ‘pinche’ Ángel, acadaron postos de ‘champions’ en liga sendo terceiras. Ademais chegaron á final da copa onde, inda que non a ganaron, demostraron todo o que valen pelexando con equipos que escollen as mellores xogadoras do entorno. Así que, a seguir que o ano que ven ten que ser igual ou mellor.

 

CADETE MASCULINO: Outra vez dirixidos por Carlos,  os cadetes tiveron mala sorte no sorteo da liga onde lles tocou pelexar nun grupo moi forte que os fixo mellorar moito a pesar de acabar 6º. Na copa, con equipos mais accesibles conseguiuse o 1º posto do grupo co que lograron clasificarse para a fase final na que fixeron un gran papel aínda que non puideron ganar.

 

CADETE FEMENINO ‘B’: E ‘ pariu a avoa’. Ante a enorme demanda de rapazas que quixeron empezar a xogar o fútbol sala con nós nesta categoría, tivemos que facer dous equipos para que todas elas puideran xogar. Polo que, adestradas por María, o equipo B das cadetes contaba cas xogadoras mais inexpertas que necesitaban ter minutos para avanzar no fútbol sala e poder demostrar a súa valía. E o conseguiron. A pesar de empezar a temporada un pouco irregulares, acabaron nun bo 4º posto no seu grupo. Pero onde se notou a melloría foi na copa onde deron ‘espectáculo’  a pesar de xogar contra todos os equipos da categoría.

 

CADETE FEMENINO ‘A’: Adestradas por Manuel, sempre acompañado da súa fiel delegada Cristina, podemos dicir que aínda que lle tocou no grupo con case todos os ‘gallitos’ da categoría conseguiron o 4º posto. Pero este grupo de rapazas que levan xogando dende alevíns demostraron todo o que saben na copa, onde chegaron á final despois de derrotar ao todopoderoso Poio nas semifinais. E aínda que perderon a penaltis na final, pódense dar como vencedoras porque fixeron un último partido espectacular a base, sobre todo, de gáñas e ilusión.


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014