Skip to content Skip to navigation

Bailes de salón

O grupo de bailes de salón do Centro Veciñal e Cultural de Valladares xorde da actividade lúdica organizada polo centro dende fai máis de 10 anos, na que as mulleres e homes da parroquia viñan participando.

Na actualidade o grupo está consolidado, con catro parellas de forma permanente as que se suman ocasionalmente os alumnos da escola de bailes de salón, dirixidos en ambos casos por D. Santiago Almuiña Costas.

O grupo practica distintos estilos: pasodobre, vals, bachata, salsa, tango, merengue, etc.; utilizando para os seus bailes temas populares e actuais.

Os obxectivos da escola e do grupo de baile de salón, son:

  1. Mellorar a técnica de baile nos distintos estilos, dos alumnos da escola e integrantes do grupo.
  2. Animar o público nas actuacións, fomentando o seu coñecemento e a súa práctica.

 

Ata a data, o grupo ten feito actuacións en asociacións veciñais e culturais da bisbarra de Vigo, e como non, no auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014