DATAS: DO 8 AO 12 DE SETEMBRO
VOOS: VIGO- MADRID-VIENA (IDA E VOLTA)
ALOXAMENTO EN HOTEIS DE 3/4*
VISTAS ORGANIZADAS CON GUÍA
SEGURO DE VIAXE E CANCELACIÓN
DÍA 1.- CIDADE DE ORIXE-VIENA
Presentación no aeroporto de Vigo polo menos 2 horas antes da saída do voo a Viena. Traslado de chegada do aeroporto de Viena ao hotel. Xantar. Tarde libre no centro de Viena. Cea e aloxamento.
DÍA 2.- VIENA
Almorzo. Visita panorámica con guía local por esta cidade bañada polo Danubio, antiga capital do Imperio Austrohúngaro. No centro de Viena podemos situar a antiga cidade imperial, co Palacio Hofburg, o Palacio Bellvedere, a Igrexa Votiva, a Catedral de San Estevo, os monumentos a Goethe, Schiller e Mozart, a Ópera, o Museo de Belas Artes, etc. . . Xantar. Visita á famosa Ópera Estatal de Viena, un edificio con fermosos interiores e escenario de actuacións dos mellores músicos e cantantes do mundo. Un percorrido entre bastidores móstranos a parte descoñecida do edificio. Continuaremos coa visita do Palacio de Schönbrunn, residencia de verán da familia Imperial, coñecido como o Palacio da Emperatriz Sisi onde admiraremos as habitacións e salóns. Un paseo polos grandiosos xardíns daranos unha idea da magnitude deste palacio. Cea e Aloxamento.
DÍA 3.- VIENA
Almorzo. Continuaremos a visita da cidade cun paseo guiado polo centro histórico. Durante esta excursión descubriremos as fermosas rúas, prazas e pazos agochados no corazón da cidade. Comezamos cun paseo polas rúas peonís ata a Praza de San Esteban. Visita interior da catedral gótica do mesmo nome. Continuamos pola Praza dos 'Heroes' onde se atopa o Palacio Imperial de Hofburg. Rematamos cun paseo polo Volksgarten, onde se atopa a estatua da emperatriz "Sisi". Xantar. Pola tarde, asistencia a un Concerto de vals. Cea e Aloxamento.
DÍA 4.- VIENA-BRATISLAVA-VIENA
Almorzo. Saída cara a Bratislava, actualmente capital de Eslovaquia. Faremos un percorrido panorámico pola cidade pasando polos lugares máis importantes e significativos situados fóra do casco histórico como o Palacio Presidencial, o paseo do Danubio ou as murallas, non podemos deixar de ver o Castelo de Bratislava, o Outeiro de Napoleón e o monumento de Slavin onde gozarás dunha marabillosa vista da cidade. Xantar e regreso a Viena e tarde libre. Cea e Aloxamento.
DÍA 5.- VIENA-CIDADE DE ORIXE
Almorzo. Á hora indicada, traslado ao aeroporto para coller o voo de regreso.
Nota: Sempre que se viaxa a algún país da Comunidade Europea, é recomendable levar a Tarxeta Sanitaria Comunitaria
PREZOS
PREZO POR PERSOA EN HABITACIÓN DOBLE
Socias/os: 1.425 €
Non socias/os: 1.435 €
Suplemento individual: 195 €
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: 986 467 053
Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014