Skip to content Skip to navigation

ESCOLA DE ACORDEÓNS DO CVC DE VALLADARES

GRUPO DA ESCOLA DE ACORDEÓNS DO C.V.C.VALLADARES

 

A Escola de acordeóns do C.V.C Valladares, formouse no ano 2006 baixo a iniciativa do entón Presidente do Centro Cultural A.R. de Valladares D. Gregorio Álvarez. Na actualizade está composto por 7 acordeonistas e o seu mestre D. Alejandro (Alex) Balbuena Ojea.

O grupo iniciou a súa andadura na Festa do Socio de Valladares, 2006, actuando despois en diversas Asociacións como Monte da Mina, Cabral, Pontellas ou na Festa Veciñal de Castrelos, entre as máis sobranceiras. Cabe mencionar as realizadas en Vilanova de Arousa, no Centro Cultural de Matamá, Festa de Santa Filomena de Mos, na Festa da Cereixa en Beade, no Centro Cultural de Pontellas, no Centro Cultural O Carballo de Priegue, en Becerreira (Cabral), San Campio de Lonxe, no Día Internacional de acordeón de Bembrive e no Certame Internacional de Vilanova de Gaia (Portugal).

Na actualidade convina no seu repertorio temas tradicionáis e folclóricos con arranxos especiais a cargo do seu mestre Alex Balbuena.

                                                                                     

Necesidades técnicas:

Cadeiras sen brazos. Dependendo do lugar da actuación, pode ser precisa amplificación de son.

 


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014