Skip to content Skip to navigation

DOAZÓN DA FAMILIA DE CASTRO GARCÍA Á BIBLIOTECA

 

Manuel de Castro García naceu en 1936. Fillo da posguerra, vén dunha familia xa carísmática, pois o seu pai era Don Manuel de Castro "Handicap", un dos  fundadores do Celta de Vigo, famoso cronista deportivo e impulsor do deporte en Vigo, xunto co seu irmán Fernando, ambos con monumentos e  recoñecementos na nosa cidade. É irmán tamén de Cristina de Castro, insigne fundadora do Apostolado del Mar.

Manuel sempre quiso ser médico, máis os seus designios foron pola ensino, toda unha vida de mestre e xefe de estudos como perito industrial na Escola Náutica Pesqueira de Vigo axudando a facerse á mar a miles de mariñeiros, mariscadores e capitáns. Sendo un home de ciencias a súa paixón pola historía, a literatura e a súa fonda inquedanza pola natureza humana levárono a convertirse nun voraz lector e coleccionista de novelas e ensaios. Foi xa con 50 anos cando decidiu matricularse en Historia na Universidade de Santiago e comezar o súa afección como "historiador".

Estudioso e admirador de Aníbal Barca e de Fernando de Magallanes, Manuel de Castro lánzase a escribir baixo a súa visión as magnas épicas das Guerras Púnicas (Las Guerras Púnicas, 3 volumes) e La Vuelta al Mundo, ambos editados e non publicados.

A colección de libros albergada pola familia ao longo de 60 anos reúne máis de 8500 volúmenes e máis de 7000 títulos. Ensaios, biografías, coleccións de grandes autores ou xéneros, libros de principios de século XX como da última década, compoñen unha rica e variada herdanza, que a familia "de Castro" cede á Biblioteca de Valadares con todo o seu agarimo.


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014